Skip to main content
Lugo

O Día do Veciño da Federación Lucus Augusti cumpre a súa XX edición

Por 17 Marzo, 2022Marzo 18th, 2022Sin comentarios

A Federación de Asociacións Veciñais “ Lucus Augusti” celebrará, o “Día do Veciño” que este ano, 2022, cumpre a súa XX edición. Será o vindeiro 23 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Cabe lembrar, que o pasado ano 2021, esta celebración viviu unha versión moito máis reducida, motivada pola pandemia Covid19, que obrigou a reducir o aforo con respecto a anos anteriores, nos que se chegou a superar as 4.000 persoas, e a non celebrar a tradicional comida.

Este ano, a Federación prevé recuperar o formato habitual desta festa, a condición de que a evolución da pandemia así o permita, e que en ningún caso supoña un risco para a saúde.

Así mesmo, celebrarase o tradicional partido de fútbol entre xornalistas, políticos e membros da Federación Veciñal “Lucus Augusti”.

Ademais, volverán as actuacións folclóricas para amenizar a xornada; así como co momento principal da devandita celebración: a entrega das “V” de Veciño aos galardoados desta XX edición.

O “Día do Veciño” supón a celebración conxunta das máis de 300 asociacións federadas que integran a Federación de Asociacións veciñais “ Lucus Augusti” da provincia de Lugo.