Skip to main content
Lugo

Os lucenses recuperarán o servizo de atención telefónica 010 nos vindeiros días

Por 17 Marzo, 2022Sin comentarios

O Goberno de Lugo poñerá en marcha de novo o servizo de centraliña do concello a través do 010. Están a ultimar a entrada en funcionamento do servizo o antes posible, para facilitar que toda a veciñanza teña un único número de teléfono para contactar cos distintos servizos municipais.

O servizo será recuperado nos vindeiros días para garantir que as veciñas e veciños teñan acceso á atención telefónica de calidade, para solicitar cita previa nos distintos servizos municipais está activo o servizo de cita a través da web municipal.

O sistema de cita previa está dispoñible para os servizos de Augas, Cemiterio, Estatística, Información ao Consumidor, Rexistro, Tarxeta Cidadá e Tesourería. Para solicitar a cita, deberase iniciar o procedemento a través do formulario habilitado na web concellodelugo.gal, seleccionando o servizo ao que se dirixe e o tipo de trámite a realizar, e escoller a data e hora desexada para presentarse no Concello. Despois deberanse cubrir os datos persoais da solicitante, incluíndo un teléfono de contacto e un correo electrónico, medios aos que chegará unha mensaxe confirmando a reserva da cita.

A través do mesmo trámite da web do Concello, pode eliminarse unha cita solicitada previamente, liberando a hora para que outra persoa poida asistir a realizar un trámite nese momento.