Skip to main content
Lugo

O PP dubida que o Concello asfalte o leirapárking antes de que remate o mandato

Por 18 Marzo, 2022Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular lamenta que “teñamos que asistir a un novo capítulo de puñaladas trapeiras entre o bigoberno, desta volta, protagonizada pola alcaldesa de Lugo para gañar un titular”. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide referíase así ao anuncio que fixo Lara Méndez de que vai asfaltar o actual leiraparking, “o aparcadoiro público de cuxo mantemento se encargaba ata o de agora o seu socio de goberno do BNG”.

Antonio Ameijide desconfía que esta acción se poida executar antes de que remate este mandato xa que “para facer esta pavimentación tería que estar aprobado o 5% do PXOM”. Os populares lembran que “neste momento a pelota está no tellado do concello que leva máis de dúas décadas para corrixir a documentación e que, por enésima vez, se lle explicou na última reunión de traballo que mantiveron coa Xunta hai dous meses”.

Os populares tamén puxeron de manifesto a “pouca fiabilidade e credibilidade que ten Lara Méndez” e aínda que agradecen que rectifique, polo ben dos lucenses, cren que os lucenses non merecen ter “unha rexedora que cambia de criterio simplemente para gañar unha foto que lle dea publicidade”. Afirman que “en menos dunha semana a alcaldesa, facendo un Sánchez en toda regra, desdíxose con tres asuntos: dando a razón ao PP na demanda de instalar cámaras no leiraparking e futuras zonas para aparcar no entorno do HULA; enviando unha carta aos empresarios para darlle, agora, contido ás pantallas que custaron máis de 50.000 € que levaban un ano para facer autopromoción da alcaldesa e tomando a decisión, tras sete anos, de retirar as máquinas da ORA”.