Skip to main content
Axenda LUGOXALugo

Comisións Obreiras convoca unha concentración pola escalada desbocada dos prezos

Por 22 Marzo, 2022Sin comentarios

Comisións Obreiras chama á concentración da sociedade española que vive unha profunda preocupación e gran malestar pola escalada desbocada dos prezos que desde hai meses sufre o país. O pasado mes de febreiro, a inflación acadou unha nova cifra histórica ao se situar no 7.6%, o nivel máis alto desde 1986. A tensión dos prezos da electricidade, o gas, os carburantes e outras materias primas estase a trasladar ao prezo do resto de bens e servizos, que xa soben de xeito xeneralizado. As perspectivas non son boas por iso dende o grupo sindical advirten que “toca actuar con celeridade”.

Chaman á mobilización de toda a cidadanía o día 23 de marzo en todo o Estado, para lle esixir ao Goberno de España e á Unión Europea que actúen para conter a escalada disparatada dos prezos, protexer o emprego e frear o deterioro das condicións de vida.

Neste marco, as organizacións convocantes mantiveron, a nivel comarcal, un encontro con outras organizacións sociais e políticas, na que participaron representantes de diversos sectores moi afectados pola actual suba do prezo da luz como o Sindicato Labrego Galego, organizacións ecoloxistas como Ecoloxistas en Acción e partidos políticos como Esquerda Unida e o Partido Comunista de Galicia. Dese encontro saíu a idea de facer unha convocatoria o máis ampla posible e entre todas as organizacións alí presentes o firme compromiso de seguir a traballar en conxunto para loitar contra a pobreza enerxética.