Skip to main content
Lugo

Os alumnos do CEIP Casás conmemoraron o Día Mundial da auga

Por 23 Marzo, 2022Sin comentarios

No día de onte os alumnos e alumnas do CEIP Casás participaron activamente no conxunto de actividades programadas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do MITECO, para conmemorar o Día Mundial da auga.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, acudiron á carpa situada no paseo do Miño, onde puideron comprobar “in situ” o desenvolvemento das actividades, sendo testemuñas do respecto que mostran as novas xeracións polo medio ambiente e o desenvolvemento sostible.

“Augas subterráneas, facendo visible o invisible” lema de Nacións Unidas para 2022, co obxectivo de valorizar as augas que, invisibles aos nosos ollos e baixo os nosos pés, forman parte do importante capital hídrico, xa que supón máis da 90% da auga doce dispoñible no mundo e é esencial para a agricultura e a industria.

ACTIVIDADES

Os escolares aprenderon acerca da celebración do Día da auga, do coidado do medio ambiente e da importancia dos pequenos xestos diarios. “ Formades parte dunha nova xeración que aprende e valoriza a riqueza natural da contorna e a necesidade de conservalo”, lembroulles e agradecido Quiroga.

Estas actividades están enmarcadas dentro do proxecto “Gústame O meu Río: ensíname a coidalo”, deseñado pola CHMS, a través das que se comproba o estado do leito, presenza de macro- invertebrados acuáticos, bosque de ribeira, vertebrados asociados ao río, calidade da auga, temperatura, ph, entre outros parámetros; ademais de pautas de bo uso do recurso e da colocación dunha caixa niño para aves co obxectivo de responsabilizar aos pequenos do seu coidado, protección e vixilancia nas súas visitas a este río.

“O obxectivo destas actividades de educación ambiental é aproximar aos escolares ao río e ao medio natural que os rodea a través de actividades que promovan o contacto coa contorna natural e fomenten actitudes respectuosas no consumo de auga, tentando que eses coñecementos non queden na escola, senón que formen parte das rutinas habituais nos ámbitos familiar e social” explicou o presidente.

“Desde a CHMS consideramos necesario que os máis pequenos comprendan que a auga e os ecosistemas fluviais son limitados e que temos que asumir a responsabilidade e o papel do ser humano na conservación dos mesmos” concluíu Quiroga.

Neste sentido, a rexedora trasladoulle ao alumnado que “moitos nenos, nenas e familias no mundo non dispoñen de auga para os servizos máis básicos”, polo que os animou a ser responsables co seu consumo e a estar vixiantes tamén cos adultos, “porque é desde a infancia como mellor edúcase en termos ambientais”.

Méndez destacou a importancia que adquiriu o uso da auga durante a pandemia da COVID-19, onde puxo de manifesto como a hixiene e un acceso adecuado ao auga limpa é clave para previr e conter as enfermidades.

Por último, lanzou unha mensaxe ao alumnado sobre a aprendizaxe e a concienciación do uso da auga “como un recurso fundamental e escaso para os ser vivos, no que debedes implicarvos xa que seredes os e as responsables e dirixentes do noso futuro en todos os ámbitos: público, privado, social, educativo, sanitario e, evidentemente, é de vital importancia a concienciación desde idades temperás en construír cidades e sociedades onde a sustentabilidade sexa a base de todo”, concluíu a rexedora lucense