Skip to main content
Lugo

O IES Muralla Romana adaptou ás súas instalacións a súa oferta educativa

Por 24 Marzo, 2022Sin comentarios

O Instituto de Ensino Secundario Muralla Romana de Lugo deu un salto de calidade despois de que a Xunta executara obras de reforma e ampliación do centro por un importe próximo aos 500.000 euros (a actuación foi adxudicada en 477.950 euros).

Os traballos tiñan por obxecto dar resposta á necesidade de espazo que xurdiu trala implantación de novos ciclos formativos da familia profesional de Imaxe Persoal. Lembrou que no 2015 púxose en marcha a FP Básica de Peiteado e Estética e no 2017 a Consellería de Cultura, Educación e Universidade asinou un convenio para implantar no centro a FP dual no ciclo superior de Estética Integral e Benestar.

Con esta obra adaptouse o anterior ximnasio para habilitar un taller de estética e peiteado cunha superficie de 288 metros cadrados. Para acadar unhas boas condicións de confort levouse a cabo o illamento exterior da fachada deste taller e dos colindantes mediante un sistema SATE; illouse a cuberta; abríronse ocos para favorecer a entrada de luz; instaláronse fiestras con sistema de apertura oscilobatente para facilitar a ventilación e colocáronse luminarias de alta eficiencia enerxética, con reguladores de intensidade e detectores de presenza nas zonas comúns. Así mesmo, instalouse un sistema de calefacción por radiadores e incorporouse unha escaleira accesible dun metro de ancho para acceder á entreplanta.

A reforma fixo necesario acondicionar outro ximnasio, polo que se adaptou o polideportivo, pechándoo polos laterais. O novo espazo habilitado ten unha superficie de 634 metros cadrados e alberga dous vestiarios, un almacén, un despacho e un baño accesible. Tamén se conectou esta instalación co edificio do IES mediante unha rampla exterior. Outras melloras consistiron na execución dunha rampla de acceso para camións e a colocación dun portalón na rúa Angelo Colocci; así como no pintado da chapa da cuberta do instituto.