Skip to main content
Lugo

Continúan as actuacións de calmado de tráfico en Lugo

Por 27 Marzo, 2022Marzo 28th, 2022Sin comentarios

O concelleiro de infraestruturas urbanas, Alexandre Penas, informou do inicio dunha nova fase do plan de calmado de tráfico, con novas actuacións en 5 zonas da cidade. “Comezamos a construción de novos pasos de peóns elevados e elementos de calmado de tráfico, para continuar mellorando a seguridade viaria e avanzando no calmado do tráfico en toda a cidade”, afirmou Alexandre Penas.

A nova fase do plan inclúe a execución de pasos de peóns elevados e lombos que calmarán o tráfico na Rolda de Fingoi, en Pintor Corredoira, Estrada da Granxa, Río Sil e na Avenida de Madrid.

O concelleiro de Infraestruturas explicou que o plan de calmado de tráfico do Goberno de Lugo busca “aumentar a seguridade da veciñanza de toda a cidade, contando cun tráfico calmado e convertendo ao peón no centro da mobilidade”. Alexandre Penas destacou “a importancia das actuacións de calmado de tráfico, que viñemos executando primeiro nas zonas escolares, e que agora continuamos a ampliar en novas zonas da cidade”.