Skip to main content
Monterroso

Eliminado un vertido de augas residuais procedente dunha instalación industrial en Monterroso

Por 28 Marzo, 2022Sin comentarios

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un vertido de augas residuais procedente dunha instalación industrial asentada no polígono empresarial do concello de Monterroso.

Este foco foi localizado no marco das inspeccións rutineiras levadas a cabo polos técnicos do Plan de Control de Vertidos, de control e seguimento dos puntos de vertido nos municipios da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

Os técnicos identificaron a orixe do punto de vertido nunha rede de pluviais con achegas contaminantes desde unha empresa situada no polígono industrial cara á rede de saneamento municipal.

Ante a deficiencia observada, os técnicos da Xunta comunicaron ao Concello a necesidade de adoptar as actuacións oportunas de cara á adopción das medidas correctoras oportunas co obxectivo de emendar ese foco.

Nunha recente inspección xirada á zona por parte dos técnicos de Augas de Galicia, xunto cos representantes municipais, confirmouse, mediante a revisión da rede de pluviais con uso de cámara e colorantes e a correspondente analítica, que as actuacións executadas permitiron a emenda do foco e a ausencia de restos contaminantes.