Skip to main content
Palas de Rei

A mostra ‘A Ulloa. Fotografías centrípetas’ foi inaugurada no Castelo de Pambre

Por 6 Marzo, 2022Sin comentarios

A mostra “A Ulloa. Fotografías centrípetas” no Castelo de Pambre, en Palas de Rei foi inaugurada no día de onte.

A mostra, comisariada por Patricia Coucheiro e Susana Varela, pon en diálogo diferentes olladas de mulleres ulloás sobre o seu propio territorios e as súas xentes, con imaxes que parten dunha reflexión, crítica ou posta en valor dalgún aspecto relacionado coa comarca da Ulloa.

É resultado dun proxecto impulsado polo Instituto de Estudos Ulloáns que tomou forma expositiva o pasado outubro da man da Rede Museística Provincia de Lugo, dentro do programa “Mulleres Rurais” que aglutina diferentes proxectos artísticos e de memoria arredor das mulleres do rural.

As mulleres, especialmente no rural, tiveron sempre as responsabilidades, pero non o recoñecemento e a colaboración necesaria. Menos aínda, o protagonismo nos espazos de creación. A todo isto, quere darlle a volta este proxecto.

Contribuír a amplificar a voz de todas as mulleres que participan como creadoras no proxecto, plasmando en imaxes e textos sensibilidades, experiencias vitais, necesidades e reflexións que axuda a entender mellor o rural, especificamente nesta comarca da Ulloa.

Para dar continuidade ao proxecto fóra de espazos expositivos, Vicepresidencia colobrou na edición dunha proposta pedagóxica dirixida, fundamentalmente, a alumnado de secundaria. Editáronse 200 exemplares que se farán chegar a centros educativos da comarca, co obxectivo de incentivar a formulación nas aulas dun traballo fotográfico ou videográfico baseado nunha reflexión, crítica ou posta en valor dalgún aspecto relacionado co territorio.