Skip to main content
Palas de Rei

A Asociación A Capela de Vilar de Donas plantará 72 árbores autóctonas no Hipódromo

Por 21 Marzo, 2022Sin comentarios

Concienciar ao mais novos sobre a importancia das árbores autóctonas como fonte de vida e o respecto e a protección das superficies arboradas conforman os principais obxectivos da xornada formativa e mediambiental que terá lugar hoxe luns, 21 de marzo, coincidindo co día da árbore.

A Asociación A Capela de Vilar de Donas pretende levar a cabo no recinto do hipódromo desta parroquia palense unha actividade de plantación de árbores. Para elo, conta coa colaboración do Ceip de Palas de Rei, do Concello de Palas de Rei, do Obradoiro de emprego Camiño de Santiago II, Alibós e Granxas Campomaior. En concreto, nesta xornada está previsto a plantación de 72 arbores autóctonas de diferentes especies como: castaño, carballo, nogal, cereixo, figueira, olivo, acibro, sabugo, loureiro, pereira, maceira, claudieira, ameixeira,… dentro da campaña de concienciación e en defensa da “Galicia Verde” baixo o lema “Dona verde more non o consintas” que ten a Asociación A Capela de Vilar de Donas.

Todas estas arbores, plantaranse nos ángulos exteriores, acotados para elo, do recinto do Hipódromo de Vilar de Donas, a maiores, o colectivo A Capela ten previsto facer unha plantación ornamental de coníferas coa que pretende cortar a forza do vento e dar sombra no perímetro circundante exterior da pista de carreiras e competicións do hipódromo.

En canto a plantación das árbores autóctonas, está suxeita a un acto de apadriñamento, por parte do alumnado do Ceip de Palas de Rei e dos nenos dos veciños de Vilar de Donas. Dito acto, consiste en que cada dous nenos apadriñan unha árbore, na cal, quedan os nomes deles reflectidos nunha medalla que portará a árbore. Según, Raúl López, Presidente da Asociación A Capela “o sentido desta iniciativa basease en que “o neno e a árbore son dous seres vivos coas súas respectivas traxectorias, pero teñen en común, o coidado mutuo, de maneira que, a árbore débelle ao neno os seus froitos; mentres que o neno débelle a árbore o respecto, protección e coidado de agresores externos como o lume ou a tala indiscriminada”. Esta xornada de plantación e apadriñamento, está programada para este luns, 21 de marzo, onde os alumnos/traballadores do módulo de xardinaría do Obradoiro Camiño de Santiago II indicarán e axudarán aos nenos a plantar a árbore que logo apadriñarán.

Dende a Asociación A Capela, Raúl López “agradece a colaboración veciñal nesta iniciativa, así como a comunidade educativa do Ceip de Palas de Rei, a Alibós, o Concello de Palas de Rei, o Obradoiro Camiño de Santiago II e sobre todo a Granxas Campomaior, sen os que non sería posible desenrolar esta iniciativa”.