Skip to main content
Palas de Rei

O BNG propón a mellora de seguridade viaria nun tramo do Camiño de Santiago en Palas de Rei

Por 25 Marzo, 2022Sin comentarios

O BNG solicita o impulso dun estudo no que se identifiquen os puntos perigosos para a seguridade viaria nas distintas rutas xacobeas, como tamén, unha mesa de traballo en conxunto coa FEGAMP e o Goberno do Estado co obxectivo de adoptar as medidas que sexan necesarias para garantir a máxima seguridade e o mínimo risco naqueles tramos do Camiño.

A deputada no Parlamento galego, Olalla Rodil, visitou o concello de Palas de Rei para comprobar de primeira man un tramo conflitivo. En concreto, o quilómetro 36 da N-547.

Olalla Rodil declarou “É importante que todas as administracións traballen de maneira conxunta para mellorar a seguridade nas distintas rutas Xacobeas, eliminando puntos críticos como o quilómetro 36 da N-547 no concello de Palas de Rei”, en referencia a aqueles tramos nos que o Camiño conflúe coa estrada abrigando ás persoas que peregrinan a cruzar.

A deputada Olalla Rodil explicou a iniciativa do BNG “por iso pedimos que de maneira inmediata se desenvolva un estudo para detectar todos os puntos de risco que existan nos distintos tramos do Camiño de Santiago, a comezar polo Camiño Francés que é o de maior afluencia”

Neste sentido, Olalla Rodil engadiu “e que se constitúa unha mesa de traballo con representación da Xunta, o Goberno español e a FEGAMP para acometer as actuacións necesarias que garantan a máxima seguridade tanto para ás persoas que peregrinan a Compostela como ás que circulan pola estrada”.