Skip to main content
PedrafitaSamosTriacastela

Representantes de Triacastela, Samos e o Cebreiro mantiveron un encontro na Fonte do Lunar

Por 30 Marzo, 2022Sin comentarios

Representantes do sector turístico, hostaleiro, comercial e primario dos Concellos de Triacastela, Samos e Pedrafita do Cebreiro participaron na Fonte do Lunar nunha reunión informativa sobre o Plan Turístico que vai deseñar a Mancomunidade de Municipios de Galicia do Camiño Francés.

A Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés está a preparar un plan de sostibilidade turística para fomentar o desestacionamento da ruta, favorecendo outros recursos dos once concellos que forman a entidade.

O proxecto inclúe a creación de produtos de realidade virtual, unha guía dixital, así como iniciativas de apoio para concellos que leven a cabo campañas de proxección do camiño de Santiago, produtos locais, etc. Aproveitando a proxección que ten o Camiño de Santiago para sacar proveito dos outros recursos que poden ofrecer os concellos a través do seu patrimonio, gastronomía e natureza.

A Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés está formada por once concellos: Arzúa, Melide, Monterroso, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, O Pino, Portomarín, Samos, Sarria e Triacastela.

Abarca territorios de dúas das catro provincias de Galicia, Lugo e A Coruña, e de seis comarcas: Os Ancares (Pedrafita), Sarria (Paradela, Triacastela, Samos e Sarria), Lugo (Portomarín), A Ulloa (Monterroso e Palas de Rei), Melide (Melide) e Arzúa (O Pino e Arzúa).

Este territorio marcado por unha ruta de historias, un territorio de camiños milenarios polos que percorrer o corazón de Galicia.