Skip to main content
Portomarín

Os amantes da cervexa teñen unha cita obrigatoria no Portomarín Beerfest

Por 7 Marzo, 2022Marzo 8th, 2022Sin comentarios

A vila de Portomarín acollerá os días 14 e 15 de de maio a súa celebración que homenaxea a cervexa artesá. O Portomarín Beerfest 2022 é un festival moi interesante e afamado na provincia lucense.

A súa data de celebración entre a ponte de San Isidro e o Día das Letras Galegas garante que os veciños e camiñantes amantes da cervexa farán unha parada obrigatoria na vila para pasar un bo rato e desfrutar deste produto artesán.

Esta celebración contará con actividades complementarias como catas e maridaxes con produto local gastronómico. Haberá unha cata de whiski impartido por Agus Blanco, un curso de Cervexa Caseira a cargo de Lager e Ale.

Este festival terá lugar na Praza Condes de Fenosa, garantindo ás máximas medidas de seguridade para que a celebración non sexa un risco para os cidadáns. Os postos de comida estarán na devandita praza á beira das casetas de cervexa artesanal.

Debido á situación climatolóxica desas datas, por precaución, montarase unha carpa con mesas e cadeiras para adecuar un espazo seguro ante precipitacións.

A xornada será amenizada con música.