Skip to main content
Portomarín

Os socialistas de Portomarín instan ao Concello a solicitar axudas para mellorar os servizos públicos

Por 27 Marzo, 2022Sin comentarios

Os socialistas de Portomarín instaron ao Concello na sesión plenaria, a través dunha moción, a “solicitar axudas co fin de mellorar as nosas dotacións e servizos públicos, pero unha vez máis atopámonos coa negativa do PP”, sinalan.

A Voceira Socialista, Silvia Rodríguez explica que “primeiro solicitei ao Concello que dentro da convocatoria pública do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos, solicite axudas para rehabilitar a Casa de Cultura, co fin solventar os problemas de accesibilidade do edificio e a deficiente conservación que presenta”. Por todo isto, “lamentamos que unha vez máis perdemos unha oportunidade extraordinaria para mellorar as nosas infraestruturas públicas, a custe cero”. E insisten nas súas criticas “estaremos expectantes para coñecer os grandes proxectos aos que non se presenta o concello para mellorar este edificio nas vindeiras datas”, advirten.

Dende o PsdeG tamén defenderon outra proposta, que foi aprobada por unanimidade, co fin de elaborar un Plan de Medidas Antifraude, “un requisito esixible para poder concorrer a estas axudas públicas do Plan de Recuperación”.

Sen servicio de pediatría na comarca
Por último, Silvia Rodríguez, defendeu outra moción polo tramite da urxencia, que tamén foi aprobada por unanimidade, tras coñecer as denuncias das nais e pais de Portomarín e da Comarca sobre o servizo de pediatría de Monterroso. Segundo se fixo publico o servizo está cancelado dende fai varios días e están dando citas para dentro dun mes. “Por iso demandamos á Xunta recuperar de xeito inmediato o Servizo de Pediatría no Centro de Saúde de Monterroso, que atende aos usuarios dos concellos de Portomarín, Antas de Ulla e Taboada”.