Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Rábade elimina as taxas das terrazas durante este ano

Por 10 Marzo, 2022Marzo 11th, 2022Sin comentarios

O pleno do Concello de Rábade acordou a modificación das taxas pola ocupación de terreos de uso público para os hostaleiros co obxectivo de favorecer á hostalería, que estarán exentos de abonar este canon durante o ano en curso.

A medida aplicarase ata o remate do ano de forma inicial e ten efectos retroactivos dende o día 1 de xaneiro. Trátase dunha medida que necesita da modificación da ordenanza e iso ten que ser aprobado en pleno.

CONTRATO DE LIMPEZA

O Concello procedeu tamén á adxudicación do servizo de conserxería, coordinación de actividades deportivas e limpeza do pavillón polideportivo municipal á empresa Sonaga Management por 33.590 euros.

O contrato ten unha duración de dous anos e é prorrogable por outros dous.

As instalacións do pavillón estarán abertas ao público durante os doce meses do ano con hoario de 17.00 a 23.00 horas de luns a venres e os sábados de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.