Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

Así viviron o Día da muller os concellos da Ribeira Sacra

Por 9 Marzo, 2022Marzo 10th, 2022Sin comentarios

O 8 de marzo é o Día internacional da muller. As prazas e rúas das vilas da comarca de Monforte enchéronse de lecturas de manifestos, concentracións, actividades nos colexios e marchas protagonizadas, especialmente por mulleres.


Anteriormente este día era denominado Día Internacional da Muller Traballadora. Conmemora cada 8 de marzo a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como persoa, en pé de igualdade co home. Tamén se usa para facer referencia a esta conmemoración o numerónimo «8-M» en referencia ao día e ao mes en que se celebra.