Skip to main content
Bóveda

Contacontos e cine para conmemorar o día da muller en Bóveda

Por 8 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello de Bóveda organiza diversas actividades para conmemorar o 8 de marzo. As primeiras teñen aos nenos e nenas como protagonistas, conscientes da importancia de educar en igualdade desde as idades temperás.

Así, o CEIP Rosalía de Castro será o escenario das contadas pola igualdade, actividades de contacontos repartidas por ciclos para realizar de xeito simultáneo pero en diferentes espazos.

Infantil. ‘A Carteira de augas claras’ a cargo de Carmen Domec Martínez. 1º e 2º ciclo. ‘Bolboretas’ a cargo de Soledad Felloza. 3º ciclo. ‘A miña historia’ (Rosalía de Castro) a cargo de Trémola teatro, Paula Regueiro.

TARDE DE CINE
Ademais das contadas no colexio, o domingo día 13 de marzo ás 18:00 horas o Centro Sociocultural acollerá a proxección da curtametraxe ‘As tres caídas de María Santiso’, premio do público á mellor película galega na 41 semana de cine de Lugo de outubro de 2019.

Escrita e dirixida por Roberto Alvite e protagonizada por Lucía Veiga invita á reflexión sobre o pasado, presente e futuro da sociedade rural galega estimulando o pensamento crítico ante os roles tradicionais da muller e do home.

Recomendada para maiores de sete anos.