Skip to main content
Chantada

Chantada organiza un ciclo de actividades polo 8M

Por 4 Marzo, 2022Marzo 5th, 2022Sin comentarios

O Concello de Chantada organiza diferentes actividades para celebrar o Día Internacional da Muller 8 de marzo. Estas actividades están dirixidas tanto a maiores como pequenos.

O día 8 de marzo a partir das 12.00 horas haberá teatro na rúa a cargo do Grupo Koremi e ás 13.30 horas farase a lectura dun manifesto na praza de Galicia.

O día 19 ás 12.00 horas o Auditorio Municipal acollerá un relatorio “Como lle falo diso? Aprendendo a educar ás crianzas en sexualidade” a cargo de Martina González Veiga, psicóloga sanitaria, especializada en sexoloxía, terapia sexual e de parella.

A maiores, durante o mes de marzo terá lugar o ciclo “Mulleres de Cine” no Auditorio Municipal onde se proxectarán diferentes películas. A primeira será o 5 de marzo ás 20.00 horas con Madame Curie. A segunda cita será o 20 de marzo ás 18.00 horas e a película que se reproducirá será Frozen II. O 2 de abril ás 20.00 horas será a quenda de Invisibles. A última película será Las Niñas o día 30 de abril ás 20.00 horas.

Nesta programación tamén se inclúen actividades nos centros de ensino da vila. Desta forma os alumnos poderán desfrutar dun Escape Room Igualdade os días 22 e 23 de marzo no Eloísa Rivadulla e os días 23 e 24 de marzo no Xoán de Requeixo. Ademais, os centros acollerán o obradoiro “Movendo os marcos do amor” no Val do Asma o 11 de marzo e no Lama das Quendas o día 24 do mesmo mes.