Skip to main content
Chantada

17 Exemplares de vaca frisón serán o centro da poxa deste sábado 12 en Chantada

Por 11 Marzo, 2022Marzo 12th, 2022Sin comentarios

Tralo parón obrigado debido á situación pandémica, Africor Lugo, retoma as poxas de gando frisón. A primeira será este sábado 12 de marzo no mercado gandeiro de Chantada.

A cita comezará ás 12.00 horas onde se porán á venta un total de 17 animais, serán 12 vacas paridas e 5 novillas próximas ao parto as que se poidan adquirir na poxa. Grazas a colaboración de Xenética Fontao, os compradores recibirán tres doses de Airas e tres de Caramelo por cada animal que adquiran na poxa.

Este tipo de citas son unha gran oportunidade para que os gandeiros adquiran exemplares cunhas condicións sanitarias moi boas, unha información xenealóxica completa e procedentes de gandería próximas.

A vaca frisona é unha raza procedente da rexión frisosaxona que destaca pola súa alta produción de leite, carne e a súa boa adaptabilidade.