Skip to main content
Chantada

O Concello de Chantada ultima os detalles para a chegada de oito refuxiados de Ucraína

Por 18 Marzo, 2022Marzo 19th, 2022Sin comentarios

A vila de Chantada será o novo fogar de dúas familias procedentes de Ucraína. En total oito persoas que están a fuxir da crise bélica. Para iso, están a preparar a súa chegada co acondicionamento dunha casa e coa colaboración dos veciños e veciñas que están a doar material para cubrir as necesidades da mesma.

Dentro de material que se solicitou están pendentes de conseguir utensilios de cociña como tixolas, cafeteira, cubertos, forno de gas… Para as habitacións é necesario roupa de cama, para os baños toallas, táboa para pasar o ferro, tinas e papeleiras.

Por outra parte, este material que se solicita é o básico, se algún veciño pode doar algún outro elemento que considere necesario pode facelo.

O material será entregado na igrexa de Chantada. Dende o Concello animan a chamar aos teléfonos 647 752 219 (sacerdote) e 982 462 299 / 604 080 144 (Servizos Sociais).