Skip to main content
Chantada

Os camiños de Chantada afectados pola treboada de pedrazo están a ser arranxadas

Por 21 Marzo, 2022Sin comentarios

Diversos camiños municipais do concello lugués de Chantada están a ser arranxados cunha inversión de case 100.000 euros. Os camiños foron afectados pola treboada de pedrazo que no pasado ano 2021 tamén prexudicou a varios viticultores da zona.

Executadas no marco do Plan de Infraestruturas Rurais da Consellería, as obras localízanse nas parroquias de San Fiz de Asma e Santa María de Pesqueiras. En concreto, trátase de mellorar a capa de rodaxe de parte dalgúns camiños municipais, entre outras tarefas para asegurar a circulación por estas vías con todas as garantías.

Así, durante os traballos abordarase a limpeza e perfilado de cunetas para aumentar a súa funcionalidade como guía das augas, co fin de poder conservar mellor as vías. Unha vez realizadas estas obras, acometerase unha mellora da explanación da pista para posteriormente incorporar o pavimento definitivo.

Nese senso, usarase unha base de balastro para mellorar a capa de rodaxe e, nos tramos de maior pendente, tamén se aplicará formigón. A maiores, os traballos financiadas pola Xunta inclúen a substitución dun cano de formigón danado.

Esta encarga responde ás necesidades detectadas tras a treboada de sarabia que afectou distintas parroquias do concello de Chantada o ano pasado, causando estragos en cultivos de vide pero tamén en infraestruturas rurais como as que se están a arranxar.