Skip to main content
Chantada

A Volta a Lugo Master terá lugar os días 2 e 3 de abril en Escairón

Por 27 Marzo, 2022Marzo 28th, 2022Sin comentarios

Chantada formará parte da volta por etapas de ciclismo master. Terá lugar os días 2 e 3 de abril en Escairón. As probas serán unha crono individual e dúas etapas en liña. Os organizadores desta proba é o Club Ciclista Chantadino.

Os gañadores das seguintes categorías levarán de premio unha camisola, gañador absoluto xeral master 30, gañador absoluto xeral master 40, gañador absoluto xeral master 50, gañador absoluto metas volantes, gañador absoluto sprints especiais, gañador absoluto premio montaña, gañador absoluto Lucenses, gañador absoluto galegos.

A inscrición levarase a cabo a través da páxina web da federación galega. As solicitudes poden realizarse ata as 00.00 horas do 30 de marzo.

O prezo da inscrición é de 15 euros por etapa. O límite de prazas é de 200 corredores mantendo como prioridade aqueles deportistas que realicen as tres etapas.

O sábado 2 de abril ás 11.00 comezará a primeira etapa en liña con 75 km en Escairón. Terá subidas a Alto de Cereixa e o Alto de Toiriz. Ese mesmo día ás 16.45 terá lugar a contrarreloxo que é totalmente chaira e cun percorrido de 8 km.

O domingo 3 de abril comezará a segunda etapa ás 10.45 horas. Será unha etapa en liña de 75 km con subidas a Alto de Pedraza e Alto de Arxiz.