Skip to main content
Folgoso do Courel

As mulleres serán homenaxeadas en Folgoso do Courel

Por 1 Marzo, 2022Marzo 2nd, 2022Sin comentarios

O Concello de Folgoso do Courel lanza unha iniciativa con motivo do Día da Muller coa que homenaxear ás súas veciñas. Para iso convidan a quen queira participar a enviar por correo electrónico unha fotografía e unha breve explicación de por que esas mulleres son os seus referentes.

Nais, avoas, fillas, estudantes, traballadoras, emprendedoras, todas as mulleres do Courel serán homenaxeadas coa axuda das mesmas.

O pasado ano o Concello fixo unha exposición sobre mulleres galegas na Historia, ás que este ano engadirán a todas esas mulleres do Courel que tamén forman parte da historia da vila.

Quen queira participar ten que mandar unha fotografía e un breve texto da muller que elixa ao correo servizossociais@folgosodocourel.com

A idea é telas para o día 8 de marzo, para a mostra que se exhibe no Concello de Folgoso do Courel. As que cheguen despois desa data iranse incorporando. A iniciativa permanecerá aberta todo o mes de marzo.