Skip to main content
Folgoso do Courel

‘Courel, territorio literario’ poderá visitarse en Folgoso os próximos tres meses

Por 29 Marzo, 2022Marzo 30th, 2022Sin comentarios

A exposición ‘Courel, territorio literario’ da Fundación Uxío Novoneyra xe se pode visitar na Praza do Concello de Folgoso do Courel.

Trátase dunha mostra aberta que reivindica as terras do Courel como lugar de creación na literatura a través de catro autores principais: Ánxel Fole, María Mariño, Uxío Novoneyra e mais Carlos Oroza.

A exposición está conformada por catro puntos expositivos, conformados cada un deles por 4 paneis que recollen os aspectos máis destacados de 4 escritores que gardan unha estreita relación co Courel.

Cada un dos puntos expositivos está adicado a un destes escritores e os paneis recollen os datos máis destacados da súa biografía, a cronoloxía das publicacións das súas obras máis salientables, así como textos e fotografías de cada un dos autores. A exposición está descrita en 3 idiomas, galego, español e inglés.

Estará na Praza do Concello os próximos tres meses.