Skip to main content
Monforte

O PP monfortino di que o cemiterio está en total estado de abandono

Por 15 Marzo, 2022Sin comentarios

O Grupo Municipal de Monforte de Lemos, que lidera Katy Varela, presentará no vindeiro pleno unha moción para esixir de novo ao goberno local unha ordenanza municipal que solucione o abandono no que está o cemiterio. Deste xeito, os populares levan este asunto por segunda vez en seis meses, e fano logo de que, tras ser aprobada inicialmente naquel momento, os socialistas non expuxeron ningunha norma relativa ás instalacións de A Gándara.

“O seu estado é lamentable. As obras están inacabadas e o feísmo que supón é máis que constatable”. Proba delo, explica Katy Varela, é a canaleta da auga do fondo ou incluso o edificio da entrada que leva a medio facer dende hai anos. Ademais, zonas da parte máis antiga están en absoluta ruína. Tamén hai tumbas abandonadas con lápidas rotas e que o Concello debería solucionar.

Esta situación, “da que somos coñecedores todos os veciños”, urxe a creación dunha ordenanza, insisten dende o PP. Por iso, agardan que, desta vez, o equipo de goberno “veña cos deberes feitos e nola presente. É polo ben de todos”, conclúen.