Skip to main content
Monforte

Preparan un plan que garanta a seguridade na XVIII Feira Medieval de Monforte

Por 24 Marzo, 2022Marzo 25th, 2022Sin comentarios

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presidiu na mañá de onte a Xunta de Seguridade da XVIII Feira Medieval de Monforte, co obxecto de ultimar os preparativos para garantir a seguridade durante o desenvolvemento da que será a 18ª edición deste certame, que se celebrará na fin de semana de Semana Santa, o o 16 e 17 de abril de 2022.

Así, reuníronse co rexedor monfortino principais os representantes de todos os departamentos implicados na organización da Feira Medieval: a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, o técnico de cultura, Carlos Rodríguez, a técnico de Emprego e Desenvolvemento Local, Trinidad López, ó sarxento do parque de Bombeiros e responsable de Protección Civil, Tomás Losada, o xefe dos Axentes da Cidadanía, Manuel Fernández, e o Inspector Xefe da Policía Local, Miguel Martínez.

O obxectivo da xuntanza foi analizar e dar solución a todos os aspectos relativos coa seguridade e o bo funcionamento da Feira Medieval, especialmente nos puntos e horas en que se conta cunha maior afluencia de xente.

MERCADO PARA A FEIRA MEDIEVAL
Como preludio da Feira Medieval, este sábado 26 e domingo 27 de marzo terá lugar na Praza de Abastos de Monforte a celebración do Mercado para a Feira Medieval, co obxectivo de potenciar e promover nel este evento turístico de gran afluencia de público e visitantes que na Semana Santa se achegan a Monforte.

Está previsto que durante a celebración do mesmo, o sábado 26 o alcalde dea a coñecer o programa oficial da Feira Medieval.

O sábado 26 o Mercado para a Medieval de Monforte abrirá de 11 a 2 horas da tarde, e de 5 a 9 horas da noite. E o domingo 27, de 11 a 2 horas da tarde.

Nel os visitantes poderán atopar todo o necesario para preparar para a Feira Medieval: traxes, decoración, artesanía, complementos, bixutería, coiro, gastronomía…

Para os máis pequenos, celebrarase un obradoiro infantil “O Carballo con Botas”, o sábado 26 de marzo ás 5 da tarde. E a partir das 6 e media, terá lugar o Desfile Medieval.