Skip to main content
Monforte

O PP de Monforte demandou no pleno maior iluminación no polígono

Por 29 Marzo, 2022Sin comentarios

O Partido Popular de Monforte de Lemos levou ao pleno a falta de iluminación da entrada ao polígono industrial dende a N-120, así como a “deficiente sinalización horizontal das rúas da cidade”. Neste senso, os populares, segundo explica Katy Varela, demandaron que o Concello corrixa ambas as dúas situacións, pois, no primeiro caso, trátase dun dos accesos principais á vila que rexistra moita circulación tanto de particulares, como dos vehículos pesados que acceden ás distintas empresas que están asentadas na área industrial.

No segundo caso, indica a líder do PP monfortino, “os paseos de peóns están practicamente borrados. Incluso hai sinais de tráfico que case non se ven”, destaca. Por este motivo, insta á entidade local a subsanar esta deficiencia canto antes. “Cremos que é necesario para garantir a seguridade vial que a sinalización horizontal da cidade estea continuamente controlada e ben pintada para evitar situacións de risco”, engade.

Para Katy Varela “son dúas necesidades que temos”. “Non é de recibo que o alumeado público do polígono estea sen funcionar e que teñamos as rúas nestas condicións. O Concello ten que solucionar estas demandas e non pode eludir a súa responsabilidade”; de aí que lle pida ao equipo de goberno, con Tomé á cabeza, que “esta tarde nos confirmen que o van facer, xa que do contrario, insiste, o que quedará claro é que se están desentendendo de servizos básicos para Monforte”.