Skip to main content
Monforte

O PP de Monforte solicita o desglose de gastos da Feira Medieval

Por 31 Marzo, 2022Sin comentarios

A voceira do Grupo Municipal do PP de Monforte, Katy Varela, anuncia que pedirá por escrito o desglose dos gastos da Feira Medieval prevista para os días 16 e 17 de abril, e na que o Concello inviste 90.000 euros. Os populares queren coñecer así as cifras, pois se o evento se volve a retomar despois do parón da pandemia, “é grazas ao ánimo de comerciantes, hostaleiros, empresarios e veciños que trasladan á rúa un auténtico aire medieval”.

Por iso, consideran que Tomé “debería de presumir de menos gasto e implicarse menos no autobombo e si en render homenaxe a todos aqueles que iniciaron esta celebración; é dicir, tanto aos que impulsaron a investigación para incluír a Monforte na rede de xuderías de España, como aos cidadáns que, co se traballo, conseguiron que esta feira fose máis popular e máis grande”.

“Poucas cousas máis lamentables hai que un dirixente político que non agradece o esforzo dos seus veciños e que cando comparece publicamente intenta facernos crer que todo llo debemos a el”, critica Varela.

Unha feira “sen nada novo”
A voceira do PP afea tamén a Tomé “que non sexa de capaz de crear nada novo e que simplemente se aproveite dos proxectos iniciados por outros”. “Unha pena que estea máis pendente de saír ben na foto que en preocuparse pola recuperación económica e as comunicacións, por exemplo”, engade.

Alcalde sen “talante democrático”
Katy Varela censura, ademais, que o rexedor local presentase o evento sen convidar ao resto de grupos políticos e si “a catro persoas aos que todos sabemos que non lles dá nin voz nin voto”. Isto demostra, segundo a popular, “pouco talante democrático e moi pouca humildade política o persoal”.