Skip to main content
Pantón

Pantón mellorará a estrada de Santiago de Castrillón con remanentes do Plan Único

Por 14 Marzo, 2022Sin comentarios

A Deputación de Lugo aprobou en Xunta de Goberno a solicitude do concello de Pantón para dedicar remanentes do Plan Único 2021 a novas actuacións nas estradas e vías do Concello.

Ao Concello de Pantón correspondíanlle 330.103,55 euros do Plan Único, que foi aprobado en xaneiro, para manter e mellorar servizos públicos e infraestruturas, fomentar o emprego e impulsar o tecido produtivo e asociativo, entre outras actuacións encamiñadas a atender as necesidades dos seus veciños e veciñas.

A remanente aprobada mellorará a estrada de Santiago de Castrillón con preto de 4.000 euros.

No 2022 como novidade a Deputación simplifica a tramitación e os concellos só deberán enviar a documentación que acredite e xustifique debidamente as actuacións realizadas, eliminando prazos intermedios.