Skip to main content
A Pobra do Brollón

A obra ‘Libre coma os paxaros’ estará hoxe, día 13, na Pobra da Brollón

Por 13 Marzo, 2022Marzo 14th, 2022Sin comentarios

Hoxe domingo 13, a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ da Pobra do Brollón, acolle a obra teatral ‘Libre coma os paxaros’. Esta obra, artellada en base a textos da propia Rosalía de Castro, forma parte do programa posto en marcha pola área de Cultura da Deputación de Lugo o pasado 23 de febreiro, co que puxo a disposición de concellos e asociacións diversas propostas culturais sobre a figura e obra da poeta.

É a propia Rosalía de Castro, interpretada por María Barcala, a que desde o escenario, cos código propios do teatro, establece a comunicación co público, mostrándose como unha muler en loita a prol da igualdade entre homes e mulleres, contra a violencia de xénero, que denuncia a desigualdade social e os atentados contra o equilibrio ecolóxico ou o drama da emigración. A posta en escena complétase coa iluminación de Antonio Simón e a música de Vadim Yukhnevich.

O espectáculo é da consolidada compañía Teatro do Atlántico, en coprodución co Padroado da Cultura do Concello de Narón. A obra chega á Pobra do Brollón grazas á área de cultura da Deputación de Lugo.

O espectáculo será o domingo ás 19:00. O acceso é de balde, previa reserva no teléfono 650 624 828.

PROGRAMA SOBRE ROSALÍA
Ademais de “Libre coma os paxaros”, dentro da programación sobre Rosalía, a Deputación ofrece aos concellos e asociacións a montaxe para público familiar “A viaxe de Rosalía”, de Larraitz Urruzola, e a realización de murais homenaxe a autora en centros educativos e espazos públicos, a cargo dos muralistas Rubén Paz, Ana Santiso e Pablo Lage, coñecido como Van Kraft. Nos próximos meses, tamén viaxará pola comarcas a exposición “A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía”, agora exposta na Praza de San Marcos de Lugo.