Skip to main content
Quiroga

Volve o concurso de deseño de camisetas pola XL Feira do Viño de Quiroga

Por 21 Marzo, 2022Marzo 22nd, 2022Sin comentarios

O Concurso de camisetas pola celebración da XL edición da Feira do Viño de Quiroga é unha actividade que se retoma neste ano coa volta á normalidade.

Neste concurso poden participar todos os grupos e colectivos que o desexen a partir de catro integrantes. A temática escollida para o deseño e o lema das camisetas estará relacionado coa Feira do viño. Non se admitirán a concurso camisetas que denigren a persoas, grupos ou colectivos, tanto públicos coma privados.

Os participantes deben inscribirse na Casa da Cultura antes do 15 de abril, persoalmente ou chamando ao teléfono 982 435 125; ou o propio día da feira no recinto, na caseta de información municipal, antes das sete da tarde.

Un representante de cada grupo anotado a concurso deberá acceder ao lugar do pregón o sábado día 16 de abril para expoñer a súa camiseta diante do público e do encargado de escoller ao gañador, que será o propio pregoeiro da feira.

En canto ao premio, está establecido un só premio de 100 euros en metálico e un trofeo para os portadores da camiseta gañadora.