Skip to main content
O Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha serie de actividades polo Día da Muller

Por 7 Marzo, 2022Marzo 8th, 2022Sin comentarios

O Concello do Saviñao organiza unha serie de actividades polo día da muller. As actividades comezaron o 18 de febreiro co concurso de debuxo e fotografía do día da muller do 2022 que ten como tema principal “Igualdade entre mulleres e homes” que está aberto ata o vindeiro 7 de marzo. As bases poden consultarse na web ou nas redes sociais do concello.

Ademais, do 8 ao 31 de marzo manterase iluminada a fachada do concello de cor violeta para facer visible o mes da muller. A biblioteca terá unha sección de libros sobre a muller e a violencia de xénero.

O propio día internacional da muller, o 8 de marzo lanzarase un vídeo promocional con mulleres do Saviñao de distintos sectores profesionais. Este vídeo reproducirase nas redes sociais, na web do concello e n proxectarase nos colexios.

Este mesmo día ás 10.00 farase entrega do merchandising (mochila, USB, material escolar nos colexios e na escola infantil), as 12.00 horas será a concentración e lectura do manifesto do día da muller na entrada do Concello. E lanzaranse as fotografías dos lazos xigantes realizados cos colexios de Escairón e Currelos e coa escola infantil municipal o día 4 de marzo nas redes sociais e na web do concello.

Para finalizar, o 12 de marzo ás 20.00 horas haberá un coloquio con seis mulleres do Saviñao de distintos sectores profesionais no que contarán a súa experiencia no mundo laboral e persoal no auditorio municipal.