Skip to main content
O Saviñao

O Saviñao finalizará os actos do día da muller cun coloquio con seis veciñas do Concello

Por 9 Marzo, 2022Marzo 10th, 2022Sin comentarios

O Concello do Saviñao organiza, con motivo do Día Internacional da Muller, distintas actividades que rematarán cun coloquio no que participarán un grupo de seis mulleres punta de lanza nas súas profesións que tratarán o tema da igualdade. Será no auditorio de Escairón o vindeiro sábado 12 de marzo ás 20.00 horas baixo o título ‘Mulleres que constrúen O Saviñao’.

A xornalista Lorena Gallardo será a encargada de moderar o debate no que participarán a adegueira Paloma Rodríguez, a gandeira Yolanda Torrents, a deportista e financeira Nuria López, a condutora do camión do lixo Marisol Martínez e a veterinaria Maica Expósito para falar da súa vida persoal e profesional para poñer en valor o papel das mulleres na sociedade actual.

O acto rematará coa proxección do vídeo do Concello do Saviñao no que participan distintas mulleres do Saviñao de distintos sectores profesionais que será presentado nos centros educativos este martes 8 de marzo.

8 DE MARZO
O Concello fixo entrega este martes de merchandising do 8M (mochila, USB e material escolar) nos centros educativos do municipio. Ás 12:00 horas desenvolveuse unha concentración diante do Concello e deuse lectura a un manifesto. Tamén se deron a coñecer as fotos dos lazos xigantes elaborados nos colexios de Escairón e Currelos e na escola infantil municipal o pasado 4 de marzo.

Ademais, a fachada da Casa do Concello permanecerá iluminada en cor violeta ata final deste mes para darlle visibilidade ao mes da muller. E na biblioteca, tamén ata final de mes, permanecerá habilitado o recanto 8M con libros sobre a muller a violencia de xénero.