Skip to main content
O Saviñao

O Saviñao fai un chamamento de solidariedade aos seus veciños

Por 11 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello do Saviñao inicia unha campaña de solidariedade e apoio a Ucraína. En previsión do masivo éxodo migratorio causado polo conflito bélico, o Concello promove a intermediación de acollida de persoas que foxen da guerra.

O Saviñao fai un chamamento a todas as persoas e familias do Concello que queiran participar no acollemento de refuxiados ou que teñan algunha vivenda baleira en condición habitables e que queiran poñelas a disposición dos refuxiados ucraínos.

Os interesados terán que poñerse en contacto co Concello antes do día 21 de marzo a través do número de teléfono 982 452 061 ou mandando un correo a savinao@telefonica.net.