Skip to main content
Sober

Aberto o prazo para solicitar as axudas de rehabilitación de vivendas en Sober

Por 3 Marzo, 2022Marzo 4th, 2022Sin comentarios

O Concello de Sober abre un novo prazo para pedir as axudas para a rehabilitación de vivendas na área de rehabilitación integral do municipio ata o 11 de abril.

O ARI de Sober está de aniversario xa que foi declarado no ano 2012. Este é o único ARI que comprende a totalidade do municipio. Dende a primeira vez que se puxo a disposición dos veciños estas axudas, no ano 2013, foron case un centenar de vivendas as que realizaron unha renovación.

Esta subvención permite realizar obras tanto no interior da vivenda como no exterior e son unha oportunidade para aqueles propietarios que non poderían realizar as obras polo elevado custe económico que supoñen. As axudas poden chegar a alcanzar os 20.000 euros.

Para coñecer máis sobre estas axudas, o Concello ofrece información os martes e os mércores de 9.00 a 14.00 nas oficinas municipais. Para presentar estas axudas será preciso presentar a copia do DNI, unha copia da declaración da renda do último ano, o orzamento das obras a realizar e o certificado ou referencia catastral do inmoble.