Skip to main content
Sober

O alumnado do CEIP Virxe do Carme de Sober participou no programa IlustrarNós

Por 22 Marzo, 2022Sin comentarios

Alumnado do CEIP Virxe do Carme de Sober, participou nos obradoiros do programa IlustrarNós da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A ilustradora Laura Romero e o músico Juan A. Álvarez conduciron unhas sesións de debuxo e música nas que as nenas e nenos puideron coñecer de preto algúns instrumentos tradicionais – o seu nome, as diferencias entre eles, os materiais, o son que emiten ou a súa historia – e vincular os seus sons ás cores, establecendo un paralelismo entre os sons máis vivos e agudos e as cores cálidas e os sons máis graves, profundos e calmados.

As actividades de IlustrarNós, que teñen como obxectivo fomentar a creatividade e achegar as xeracións máis novas o traballo de creadoras e creadores galegas, continuarán durante as vindeiras semanas, chegando a 14 centros educativos das distintas comarcas.

O programa inclúe a convocatoria do II Certame de Ilustración “IlustrarNÓS”, dirixido a fomentar a creatividade e as artes gráficas nos centros de ensino e aberto a alumnado de Primaria, Secundaria, BAC e Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior. Establéncense catro categorías de creación, en función das etapas educativas, cos seus correspondentes premios. As bases e as follas de inscrición, que foron remitidas a todos os centros educativos, están tamén disponibles en cultura.deputacionlugo.gal