Skip to main content
Sarria

O metal será a banda sonora do Buril o próximo 9 de abril

Por 7 Marzo, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O Buril acollerá un total de catro bandas para ofrecer unha xornada de música, ocio e lecer. A cita será o 9 de abril e a entrada terá un custe de 8 euros. O público poderá desfrutar de Earth Drive, No Chilling siesta boys, Fractura e Al final solo habrá ceniza.

Earth Drive é unha banda portuguesa que fai música do xénero space metal. O cuarteto formouse no ano 2007 en Montijo, a partir dese momento foron construíndo unha carreira sólida no underground do país veciño formando parte de coñecidos festivais como Woodrock ou Stonefest. O seu son pesado, visceral e escuro tórnase cálido gracias á aportación dunha melódica voz feminina.

No Chilling siesta boys é un grupo de hardcore punk procedente de Ourense que está formado por Adrián Rego na voz e na guitarra, Pablo Manuel Pérez na guitara, Jaguar Von no baixo e Julio Bouzo na batería. Na súa corta traxectoria compartiron cartel con outros grupos como Kings Of The Beach, Ash Is A Robot, Cuchillo de Fuego, Corrosive ou Vieitor.

O anfitrión da cita é Fractura GHC unha banda galega, de Vigo concretamente que lle dará o toque death metal.

Por último, os coruñeses Al final solo habrá cenizas, unha nova banda que xurdiu en plena pandemia. AFSHC está formado por Zalo na batería e voz e Edu na guitarra e voz.