Skip to main content
O Incio

Aberto o prazo de admisión para novo alumnado no CEIP Ricardo Gasset do Incio

Por 2 Marzo, 2022Marzo 3rd, 2022Sin comentarios

O CEIP Ricardo Gasset do Incio ven de celebrar unhas xornadas de portas abertas do 21 ao 24 de febreiro, esta iniciativa permitía ás familias que o desexaran achegarse ao centro para coñecer ás instalacións.

Onte, 1 de marzo abre o prazo para presentar as solicitudes de admisión para novo alumnado. Estará aberto ata o 21 deste mesmo mes.

O colexio ofrece educación infantil e primaria. Dispón de servizo de comedor, transporte escolar, biblioteca, pavillón deportivo, aulas informatizadas, invernadoiro escolar, programa Voz Natura, actividades complementarias e extraescolares. Ademais asegura ratios baixos, grupos mixtos, servizo de madrugadores e diversos plans e proxectos.

Para calquera dúbida pódese acudir ao centro educativo ou ben chamar ao 982 870 605. Na páxina web do colexio tamén se atopa toda a información necesaria para realizar a admisión.