Skip to main content
O Incio

O Incio conmemorou o Día Internacional da Muller

Por 9 Marzo, 2022Marzo 10th, 2022Sin comentarios

O 8 de marzo é o Día internacional da muller, anteriormente denominado Día Internacional da Muller Traballadora. Este día conmemora cada 8 de marzo a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como persoa, en pé de igualdade co home. Tamén se usa para facer referencia a esta conmemoración o numerónimo «8-M» en referencia ao día e ao mes en que se celebra.

O CEIP Ricardo e Gasset do Incio levou a cabo diversas actividades de concienciación entre o alumnado. O máis destacado foi unha exposición coas mulleres das súas vidas. Tamén se fixo unha escolla de lecturas relacionadas con escritoras e a elaboración de retratos femininos.

Ademais, resaltouse a través dunha mostra, mulleres destacadas en diversos deportes.

A maiores, a Casa Consistorial puxo un lazo violeta na súa fachada e recordaron nas súas redes sociais o vídeo Da mesma raíz que está protagonizado polos nenos e nenas do Incio e do Courel. Os nenos e nenas participaron en diferentes xogos e actividades que teñen que ver coa igualdade e co rural para finalmente formar parte da gravación dunha canción e a filmación do vídeo.