Skip to main content
O Incio

O alcalde Héctor Corujo foi elixido presidente do PP do Incio

Por 12 Marzo, 2022Sin comentarios

O alcalde, Héctor Corujo, foi elixido presidente do PP do Incio no congreso local celebrado este venres coa participación da presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, e outros membros do partido coma o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal; o coordinador xeral, José Manuel Balseiro; o secretario de organización, Javier Vázquez Prado; alcaldes e portavoces da zona.

A executiva do PP do Incio complétase con Ramón Dositeo Mourelo López, María Mayra Freán Freán, Daniel Arias Jato, Goretti Díaz Armesto, Sandra Fernández Gandoy, José Manuel Vilariño Lopez, Daniel Magdaleno Sánchez, Jaime Íñiguez Martínez, Antonio Rodríguez López, José Álvarez Vázquez, José Antonio Valcárcel Pereiro, Antonio González Santos, Jorge Díaz Lamela e Ángel Camino Copa, membro nato da directiva.

O novo presidente da agrupación do PP local agradeceu a confianza dos afiliados e apostou por seguir traballando en beneficio dos veciños e, polo tanto, “de forma aberta ás distintas demandas sociais”. Sinalou como un dos obxectivos do PP local “ampliar a base do partido coa incorporación de xente nova, que son o futuro do municipio”. Nese sentido, “tendemos a nosa man ás persoas que queiran subirse ao barco para facer cousas polo Incio”, afirmou.

En relación á xestión municipal, Corujo explicou que “estamos a reconducir a desastrosa situación económica que o Concello herdou do anterior goberno socialista”. Nese sentido, apuntou que a súa liña de traballo é a de “tratar de reducir o gasto ordinario e cadrar as contas para devolver no menor tempo posible o diñeiro prestado e poder facer máis investimentos no Incio”.

O popular destaca os atractivos naturais do municipio, “situado preto de vilas importantes como Sarria ou Monforte e ás portas da Ribeira Sacra e do Courel” e engade que “se volvemos contar co apoio dos veciños e volvemos ter a oportunidade de dirixir o Concello, seguiremos traballando para potenciar o turismo e ofrecer servizos, coma a dotación de banda ancha de internet para tódolos fogares, co obxectivo de que a xente se instale no rural”.

TRABALLO DO ALCALDE
A presidenta provincial do PP puxo en valor o traballo do alcalde e o seu equipo á fronte do goberno local dirixido a cumprir os compromisos adquiridos cos veciños a través dunha xestión “eficiente e responsable”. Nesa liña, agradeceu o compromiso de traballo do PP do Incio e convidounos a seguir velando polos intereses dos veciños.