Skip to main content
LáncaraO Páramo

O Páramo e Láncara recollen doazóns para Ucraína ata o 18 de marzo

Por 8 Marzo, 2022Marzo 9th, 2022Sin comentarios

Un total de dez establecementos do Páramo e da Pobra de San Xiao están a recoller doazóns para Ucraína seguindo a iniciativa da Casa do Maior Esmorga paramesa e da Casa Niño As Pegadas.

É posible entregar todo tipo de artigos como alimentos non perecedoiros, sacos e colchonetas para durmir, mantas, lanternas, roupa, produtos de primeira necesidade como cueiros, toallas, etc.

A iniciativa naceu da man de Gemma Fontela, responsable de Casa Niño que mantivo o contacto cunha muller de Ucraína que fixo o programa Erasmus en Lugo. Cando falou coas familias dos alumnos mostraron interese na participación e puxeron en marcha esta actuación solidaria.

Na Pobra do San Xiao pódense entregar os produtos na Casa Niño, Detalles Noelia, Frutería Ani, Mesón do Neira, Peluquería Lidia Castro e Farmacia López Eimil. Tamén participa a Casa Enriqueta de Láncara. Por outra banda, no Páramo reciben as doazóns tanto a Casa do Maios, como o bar Santas.

A recadación será enviada a Ucraína a través das entidades de Verín e Santiago.

Os rapaces do Concello tamén mostraron a súa solidaridade e interese pintando as caixas onde serán enviados os produtos e querendo mandar xoguetes para os nenos ucraínanos.