Skip to main content
Láncara

As antigas vías do tren de Láncara seguen a acondicionarse para o seu uso veciñal

Por 24 Marzo, 2022Sin comentarios

As antigas vías do tren de Láncara están a ser acondicionadas para converterse nunha zona de paseo para os veciños. O Concello aprobou de maneira definitiva un plan especial que integre as infraestruturas ferroviarias na trama urbana da vila. Isto suporá un cambio no aspecto da localidade, porén, o desembolso para estas actuacións cífrase en 2 millóns de euros.

Entre os proxectos a desenvolver atópase a creación dun sendeiro peonil verde que inclúa carril bici ao longo dun quilómetro nos antigos terreos da vía. Polo de agora, esta actuación non se levará a cabo debido á falta de fondos, o que si están a facer é o acondicionamento da zona para que os veciños poidan usala e desfrutalas.

Os traballos de acondicionamento deron comezo en xaneiro con maquinaria da Deputación, na actualidade están a súa maquinaria propia do Concello e prevese estender unha capa de area sobre a que camiñar, co fin de facer o fundamental para sacarlle o máximo partido posible aos terres cos medios existentes.

Ademais, o Concello busca que os veciños coñezan todas as infraestruturas da vila, para iso, coa compra dos terreos incluíanse diferentes edificios que están a ser empregados en diferentes actos públicos para que formen parte da vida dos veciños. A antiga estación de tren acolleu aos Reis Magos no Nadal e a cabalgata no Entroido.

Entre as previsións do goberno municipal está a solicitude de Fondos europeos para rehabilitar o edificio, nun primeiro momento co fin de trasladar ata alí as oficinas municipais e actualmente, querendo trasladar tan só algúns dos departamentos..

O Concello tamén solicitou unha subvención á Xunta co fin de rehabilitar o antigo cargadeiro que está protexido por Patrimonio, ao igual que o depósito de auga e unha construción anexa a este.