Skip to main content
Paradela

Paradela fixo público o Plan Municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais

Por 13 Marzo, 2022Marzo 14th, 2022Sin comentarios

Paradela fixo público o Plan Municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais que ten como obxectivo garantir, controlar e eliminar total ou parcialmente a biomasa forestal, mediante técnicas silvícolas axeitadas que minimicen o risco de incendios e favorezan a seguridade das persoas.

O plan contén as accións necesarias para a defensa contra os incendios forestais efectuando unha análise da situación actual.

Para a realización deste plan analizouse o período de tempo entre o ano 2008 e 2017. Neste tempo, o índice de risco potencial para o concello é moderado e non está declarado como zona de alto risco. Así para o período considerado, o concello presenta unha media de 7,80 incendios ao ano e 19,11 hectáreas queimadas ao ano cun total de 78 lumes. Neses 9 anos o terreo queimado foi de 191,08 hectáreas, 69,68 arboradas e 121,40 rasas.

Neste plan dáse a coñecer que a parroquia con máis incendios foi Castro de Rei de Lemos en Santa María que contou con máis de 40 dos 78 totais.