Skip to main content
O Páramo

O Páramo e Medio rural investirán 47.000 euros para acondicionar a pista de Santandrea

Por 16 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello do Páramo e a Consellería do Medio Rural investirán un total de 47.516 euros no acondicionamento da pista que vai dende Areas a San Mamede, Santandrea, Reascos e Beleigán. Os traballos suporán á mellora do firme con aglomerado en quente nun quilómetro desta estrada.

As obras son financiadas de maneira íntegra pola Consellería de Medio rural a través dun convenio co Concello. Os traballos levaranse a cabo cando a climatoloxía o permita xa que esta pista é de gran relevancia para os veciños desta zona xa que se trata da entrada ao municipio do Páramo.

O pasado novembro tamén se aprobou en Xunta de Goberno da Deputación a mellora na LU-P-4304, da Pobra de San Xillao ao Páramo, a Deputación adxudicou por preto de 300.000 euros obras en dous treitos, o que vai do punto quilométricos 5,200 ao 5,435 e outro, de máis dun quilómetro, no punto no que esta estrada enlaza coa N-VI ao seu paso por Conturiz.