Skip to main content
Samos

Xornada de portas abertas no CEIP de Samos

Por 3 Marzo, 2022Marzo 4th, 2022Sin comentarios

O CEIP de Samos organiza unha xornada de portas abertas entre os días 7 e 11 de marzo ámbolos dous incluídos para que as familias que se vexan interesadas no centro poidan coñecelo en primeira persoa.

A iniciativa busca que as familias matriculen aos seus fillos no centro educativo despois de que as mesmas coñezan as instalacións e a labor de formación do colexio.

As visitas poderán levarse a cabo en horario de 10.00 a 16.30 horas acordando unha cita previa a través do número de teléfono 982 828 259.

CEIP DE SAMOS
O centro de Educación infantil e primaria está localizado en Samos e oferta servizo de comedor, transporte escolar, biblioteca, pavillón, aulas informatizadas, aula de psicomotricidade, actividades extraescolares e complementarias ademais de ratios baixos e grupos mixtos.