Skip to main content
Samos

Samos investirá os fondos do Plan Único no arranxo de seis viais

Por 5 Marzo, 2022Marzo 6th, 2022Sin comentarios

O Plan Único deixa en Samos un total de 282.251 euros que serán destinados ao arranxo e mellora de seis viais e accesos a núcleos da zona.

As melloras consistirán no asfaltado con aglomerado en quenta o núcleo de Lampazas e traballará na estrada que une esta parroquia con Airapadrón. Encargarase de acondicionar os accesos de Santa Mariña e pavimentará San Cristovo do Real. Ademais, arranxará o vial de Praducelo. A última actuación a cargo destes fondos serán para o asfaltado dos accesos de Francos a Teibilide.

Co Plan Único tamén serán financiados os servizos de axuda no fogar e a contratación dun condutor e limpiadores por seis meses. O Concello reserva unha partida para a realización de actividades culturais e deportivas e a Feira de Artesanía e Produtos Naturais da Ponte de Lóuzara que ten lugar o 17 de agosto.