Skip to main content
Sarria

Do 3 ao 5 de marzo volve o Outlet de Inverno a Sarria

Por 2 Marzo, 2022Marzo 3rd, 2022Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU Sarria, desenrolará durante tres días, os próximos xoves, venres e sábado (3-4-5 de marzo) a sétima edición do “Outlet de inverno”. Este ano, ao igual co pasado, decidiuse ampliar a tres días esta actividade, o que axudará a non crear aglomeracións nin situacións que poidan poñer en perigo a saúde pública.

Entre o xoves 3 e o sábado 5 de marzo, preto dunha trintena de establecementos de ACES participarán nunha campaña de grandes descontos organizada e promovida polo Centro Comercial Urbano de Sarria- ACES, en colaboración coa Xunta de Galicia. O lugar escollido para celebrar esta actividade serán os propios comercios participantes, en horario comercial habitual de mañá e tarde.

123 Escondite Inglés (puericultura), Ara moda, Atmósfera Sport, Barja Shoes, Bicos de fío, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Colorín Colorado, Cris Abad, Dimar Moda, Duet Moda, Isabel Moda, Joyería Salgado, Lar de Menchu, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, Micsport Sarria, Moncho Moda, Peregrinoteca, Sabrina Moda, Senayo, Trece Tablas, Ultreaia, Vilamey Complementos e Zaida terán unha zona “Outlet”, con prezos “super-recortados” do excedente da tempada de rebaixas de invierno ou stock existente de tempadas anteriores.

O comercio de Sarria ofrecerá tres xornadas con moito produto e a moi bó prezo. Un distintivo visible nos escaparates, identificará os comercios participantes.

Esta iniciativa ten como obxectivo principal impulsar e facer promoción do comercio de proximidade nun momento moi complexo para as vendas; con precaución e seguindo todos os protocolos de seguridade fronte ao Covid-19. Os establecementos participantes pertencen na súa maioría ao sector da moda e calzado.