Skip to main content
Sarria

Sarria solicitará unha subvención para o servizo de atención temperá da comarca

Por 4 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello de Sarria solicitará á Xunta de Galicia unha subvención de 148.000 euros para a prestación do servizo de atención temperá que será destinado a toda a comarca sarriá.

Na actualidade, este servizo está sendo financiado polo propio concello que se encargou de darlle continuidade ao mesmo despois de que finalizara a axuda autonómica o 31 de outubro. A nova licitación comprenderá o período do 1 de novembro ata o próximo 31 de outubro do presente ano 2022.

O encontro na Xunta de Goberno de Sarria tamén foi a cita na que se aprobou a adhesión ao programa de vixilancia e control fronte a vespa velutina. Outro punto a discutir nesta reunión foi a licencia para desprazar unha rede de gas en Ramón Cabanillas, un paso necesario para continuar coa obra da pasarela do Mazadoiro.

O servizo de atención temperá de Sarria está formado por un mestre psicomotricista, unha psicóloga, unha logopeda e unha pedagoga, especializados en nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos, nos que exista unha sospeita dalgún trastorno do desenvolvemento, ou risco de padecelo e, tamén as súas familias.