Skip to main content
Sarria

O alumnado do IES Xograr Afonso Gómez realizou un traballo de investigación no río Sarria

Por 5 Marzo, 2022Marzo 6th, 2022Sin comentarios

O alumnado do IES Xograr Afonso Gómez realizou durante esta semana un traballo de investigación sobre a contaminación por microplásticos no río Sarria.

Foron os alumnos e alumnas de 1º de bacharelato, coa súa profesora de Física e Química, os que realizaron unha toma de mostras do río Sarria en distintas zonas. Esta actividade enmarcada dentro do Club de Ciencia e dentro da participación na plataforma Generación Eco, contou coa colaboración de Aulas Libera (un programa de educación ambiental). Unha monitora ambiental guiou o proceso de filtrado, etiquetaxe, etc das mostras tomadas. A análise realizarase por dúas vías, unha no propio instituto e outra compartirase cun equipo de científiccos “Hombre y territorio” e deste modo obteranse datos sobre a contaminación na nosa vila.

Os resultados obtidos serán enviados ao Concello de Sarria.

Este tipo de actividades enmárcanse nun programa de iniciativas que fomentan a concienciación e as boas prácticas co medio ambiente.