Skip to main content
Sarria

Un tramo da estrada LU-P-5602 pasa a ser competencia do Concello de Sarria

Por 7 Marzo, 2022Sin comentarios

A Xunta autorizou a transferencia ao Concello de Sarria dun tramo da estrada provincial que pasa por Aguiada. Este tramo comunica Sarria, Pintín e Samos, trátase de 467 metros da LU-P-5602.

O cambio de titularidade supón que as competencias do mantemento e conservación pasan a ser do Concello. Dende o momento que se faga efectiva a transferencia será o Concello o encargado de manter en boas condicións dita estrada.

Para poder realizar o cambio foi necesario unha afirmación previa da Deputación provincial. Trala aprobación de tódalas administracións competentes incluída a Xunta de Galicia, terá efectos dende o día seguinte da publicación do mesmo no DOG.